miércoles, 28 de abril de 2010

Contra o mestrado ilegal: PARO XERAL

A Asemblea de Estudantes da Facultade de Xeografía e Historia fai un chamamento a toda a comunidade universitaria para loitar contra as condicións do novo Máster Docente, que ven substituir ao antigo CAP na formación de mestres da ensinanza secundaria.

A obrigación de que os Licenciados teñan que cursar este novo mestrado é totalmente ilegal xa que a propia contitución española recoñece o dereito a opositar a Educación a calquer Licenciado que obtivera satisfactoriamente o CAP. Entendemos que novo mestrado só debe ser aplicado aos estudantes adaptados ao chamado plan Bologna e que en ningún caso se pode aplicar aos Licenciados que deben ter a posibilidades de realizar o CAP nas, polo menos, mesmas condicións que o fixeron os seus comapañeiros con anterioridade.

Esa é a razón de que os gobernos estean a aumentar os prezos dos Másters dun xeito desorbitado, ao tempo que reducen o número de prazas. No novo Máster Docente estas son 6.000 en todo o estado español, cun baremo aproximado de 25.000 solicitantes para cursalo. Estas prazas repártense en 20 para cada especialidade, sen ter en conta cal é o número anual de matriculados en cada unha delas e quedando centos de alumnos sen poder cursar o seu itinerario. O límite de prazas desaparece nas universidades privadas, que ofertan o novo Máster baixo prezos abusivos que oscilan entre os 4.000 e os 9.000 €, o cal é un claro signo de como se incentiva a educación privada por enriba da pública.

Ademais, a suposta mellora do plan do Máster Docente respecto ó antigo CAP tampouco é verdade, como se viu este ano (contados desordenados, falta de regulamento dos criterios de avaliación…); outra proba de que a substitución do CAP polo Máster Docente non é máis ca un medio de recadar máis cartos.

Os alumnos das licenciaturas, das diplomaturas e dos graos do Plan Boloña temos que loitar en conxunto contra esta inxustiza. Por iso, dende a Facultade de Xeografía e Historia convocamos unha FOLGA XERAL do estudantado o próximo mércores 28 de ABRIL, e unha marcha ata a Reitoria onde reivindicaremos antes os que teñen a opción de mualo, o noso dereito a cursar o Mestrado dentro dunha educación pública, e sen límite de prazas.

Por un Mestrado de calidade, gratuíto e sen límite de prazas!

ESTE MESTRADO, ÍMOLO PARAR!
ÚNETE A FOLGA XERAL DO ESTUDANTADO O 28 DE ABRIL!

¡POR UM MESTRADO DOCENTE LIBRE E GRATUITO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario